viernes, 1 de marzo de 2013

presentación dos nenos e da clase


Imos comenzar por presentarnos os nenos e máis eu, a profe Celia:

De esquerda a dereita:

Mateo, Ainara, David González, David Martínez, Roberto, Manuel e Andrei, e última a profe.




Agora imos ver a nosa fermosa clase, onde traballamos, xogamos e desfrutamos aprendendo:
A nosa fermosa e espaciosa cocinita onde aprendemos xogando co xogo simbólico:



A  nosa pizarra dixital, coa que aprendemos de forma moi divertida porque nos gusta moito.


O noso recanto de coches e construccións:



O ordenador, onde aprendemos cos nosos xogos educativos, a través das novas tecnoloxías:



A asemblea, onde todos os días ó chegar os encargados pasan lista, poñen o tempo e o día, cantamos cancións...



Recanto de arte: onde pintamos, xogamos ca plasti e a pasta para modelar, recortamos...



                                                   O recanto de puzzles e xogos de mesa



A nosa biblioteca de aula, onde lemos contos, escribimos, facemos libro- puzzles....



E a mesa onde traballamos e aprendemos os trazos das letras e dos números, inglés, música...



O noso precioso horto, no que prantamos, recollemos e coidamos as nosas verduriñas:







No hay comentarios:

Publicar un comentario